Sobre nos

Acompañámoste co mellor equipo

Contacta

LEVAMOS A TÚA EMPRESA Ó SIGUINTE NIVEL

“Acompañando ás persoas” desde 1998.

INAE Asesores empresariais conta cunha dilatada experiencia asesorando a empresas na Comarca do Deza. Con esta traxectoria previa, en 2023 volvémonos a reinventar, cunha dirección nova, apostando pola dixitalización. Cun equipo mozo, formado e especializado.

Somos un equipo multidisciplinar para cubrir todas as áreas do teu negocio. Comprometidos cos clientes e cun trato persoal e próximo, onde consideramos que se trata de persoas non de números.

O noso obxectivo é a dixitalización, tanto do noso despacho como dos clientes que nos acompañen. Axilizando os trámites e o asesoramento, logramos unha mellor eficacia. Apostamos pola conciliación dos nosos traballadores, e por iso adaptamos as xornadas laborais e apostando polo teletraballo. Sempre sen perder a calidade e o servizo que ofrecemos ao cliente.

Ofrecemos unha contorna cálida, agradábel e sobre todo familiar.

Poñemos toda a nosa experiencia o teu servizo

+25

Anos de experiencia

+2.000

Intermediacións

+300

Empresas

Directora

Hai outra maneira de enfocar o mundo empresarial e sobre todo o asesoramento a empresas, autónomos e persoas, e é acompañándoos. En INAE sabemos como facelo, por iso e moitas cousas máis me sinto orgullosa de este despacho, dos clientes, pero sobre todas as cousas do equipo humano que formamos INAE.

CARTA DA DIRECTORA

Sempre tiven moi claro, dende moi pequena, que hai un xeito de facer as cousas para que a vida de todos e todas poida mellorar, que xestionando ben os recursos se poden acadar grandes metas.

Neste ano 2023 tiven a oportunidade de liderar o meu propio proxecto, adquirindo as participacións de INAE Asesores Empresariais, S.L. liderando o cambio, o avance cara  a dixitalización e o asesoramento profesional de xente formada e con ampla experiencia.

Teño un largo camiño que recorrer, demostrando a miña valía, pero os máis de 20 anos de experiencia, xestionando grandes empresas son unha boa base para este proxecto máis humilde.

Son graduada social colexiada e , estou especializada no ámbito laboral e da seguridade social. Con formación en Igualdade, Prevención de Riscos e Recursos Humanos.

Pero pese os avances, a tecnoloxía sigo pensando que o primeiro son as persoas, por iso en Inae buscamos o trato persoal, ninguén será un simple expediente, nin un número. Estaremos acompañando en todos os procesos os nosos clientes buscando sempre as mellores opcións.

Tamén son moi consciente que eu sola non son ninguén, INAE non só é a miña persoa. Inae é un equipo humano no que remamos todos xuntos na mesma dirección. Por iso, me rodei nesta aventura dos mellores profesionais. E son eles a miña principal inversión. Por iso, e dende a miña posición situarei a Inae nun despacho modelo que aposte por a conciliación, por a formación, por horarios flexibles e condicións salariais decentes para todos e cada un dos seus empregados. Deixando que cada un desenrole o seu talento e poida crecer profesionalmente o mesmo tempo que o fai o noso despacho.